ArtePaz A Voz dos Artistas II (2016). Adianto

artepaz2016big

 

A mostra de arte colectiva «ArtePaz, A Voz dos Artistas II» composta por

pezas realizadas por creadores plásticos galegos e nacionais. A exposición, que poderá

visitarse ata o día 15 de outubro, nace da colaboración de Afundación, a ONG

Seminario Galego de Educación para a Paz e a Facultade de Belas Artes da

Universiadade de Vigo.

A mostra inaugurarase o vindeiro xoves 8 de Setembro no Café Moderno Afundación de

Pontevedra. O horario de apertura ao público previsto é de luns a venres de

17.30 h a 20.30 h e os sábados de 11.00 h a 14.00 h e de 17.30 h a 20.30 h na sala de

exposicións do Café Moderno Afundación (praza de San Xosé, 3).

O proxecto, busca a coherencia do conxunto das obras

e a participación dos artistas para abrir diálogo acerca de temas como a Xustiza, a

Infancia e a Non Violencia. Parte da recadación da venda das obras destinarase ao

financiamento de iniciativas educativas da ONG.

 

A MOSTRA

 

Na exposición colectiva participan un total de 25 artistas: Xulio Álvarez Bautista, Suso

Basterrechea, Loreto Blanco, Olalla Cortizas, Juan Fernando de Laiglesia, Miguel

Docampo, Estefanía Domínguez Cagiao, Helena Fernández-Nóvoa, David Fidalgo Omil,

Xosé Freixanes, Sara Fuentes, Carmen Hermo, Lizartonne, Guiyo Mateos, Míriam

Méndez, Mar Ramón, Miguel Rodríguez Acosta, Alexandre A. R. Costa, Manuela

Elizabeth Rodríguez, Sebas Anxo, Lola Saavedra, Eva Seoane, Cachi Soler, Manuel Uhía

e Clara Vindel. Ademais, está prevista a celebración de 5 obradoiros para todos os

públicos coordinados pola investigadora Olalla Cortizas. Terán lugar os días 16, 13 e 29

de setembro e o 7 de outubro a partir das 17.30 h. Como broche final, a iniciativa

conta coas visitas guiadas por parte da comisaria que se celebrarán os sábados 17 de

setembro e o 8 de outubro ás 12. 00 h.

ARTEPAZ2015mini


Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *