O SGEP participa en Xerez nas xornadas e AIPAZ “Memoria (s) para a convivencia e a construcción de futuro”

descarga

 

Carmen Durán, Secretaria de Relacións Sociais do SGEP estará en Xeréz da Fronteira (Cádiz) representando ao Seminario nas Xornadas “Memoria (s) para a convivencia e a construcción de futuro” organizadas pola AIPAZ e apoiadas pola Xunta de Andalucía que terán lugar os vindeiros 24 e 25 de Novembro. 

O SGEP é membro da Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ) que foi constituída en 1997 co obxectivo de analizar a Paz e os conflitos dende unha perspectiva multidisciplinar que abrangue a eliminación das distintas formas de violencia, a promoción da Xustiza, o respecto dos Dereitos Humanos, o desenvolvemento e a resolución pacífica dos conflitos. Esta Asociación  declárase comprometida con aqueles valores e prácticas sociais tendentes á construcción dunha cultura e sociedade de paz. AIPAZ está formada por asociacións, centros, institutos e persoas relacionadas coa investigación e a educación para a paz de toda España.

 Máis información sobre AIPAZ en www.aipaz.org

Podedes descargar aquí o interesante PROGRAMA DAS XORNADAS 

 

Día Universal dos Nenos 20 Novembro, colabora!

E agora, a polo seguinte obxectivo:

hands-up

 

Estamos preparando unha colaboración co Concello de Santiago de Compostela para dar a coñecer os escolares da cidade a Declaración dos Dereitos dos Nenos e das Nenas. Será o vindeiro mes de novembro. O  conmemórase cada 20 de novembro, a data en que a Asemblea Xeral das Nacions Unidas adoptou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959. Seguiremos publicando máis información pero para todos aqueles que desexen axudar con tarefas de voluntariado envíade un correo electrónico o seguinte enderezo:

sgepinfancia@gmail.com

 

Enlaces interesantes:

Declaración dos Dereitos dos Nenos e das Nenas:

https://www.unicef.es/causas/derechos-ninos/convencion-derechos-ninos

https://old.unicef.es/sites/www.unicef.es/files/CDN_06.pdf

 

A Declaración no BOE:

https://www.boe.es/boe/dias/1990/12/31/pdfs/A38897-38904.pdf