Actividades

volunteer_handsSeminario Galego de Educación para a Paz

 

Voluntariado

Necesitamos a túa colaboración voluntaria

Benquerida amiga, benquerido amigo:

Coa apertura do novo curso académico retomamos a actividade e o facemos, en relación co voluntariado, solicitando a vosa colaboración solidaria en tempo para todas aquelas persoas que dispoñades del ou que coñezades a outras que puideran botarnos unha man.

A Xunta Directiva do Seminario acordou dirixirse ás persoas do Grupo de Voluntariado porque, na actualidade, necesitamos axuda solidaria con algún tempo, a escoller polo interesado/a, para colaborar no local de Santiago de Compostela, preferentemente polas mañás, en tarefas de secretaría e administración, tamén no departamento de cooperación ó desenvolvemento, no seguimento de proxectos, axudas e subvencións, elaboración, xustificación, etc. así como na biblioteca e na videoteca (catalogación, actualización, servizo de préstamo…).

Se tes tempo e queres colaborar co Seminario, por favor, ponte en contacto con nós, enchendo o formulario da sección  CONTACTO desta web, ou telefónicamente no Tel.:  +34 659288910 , o que agradecemos de antemán.

paz@sgep.org

Recibe un abrazo afectuoso.

Cordialmente,

Manuel Dios Diz
Expresidente
Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ