Necesitamos a túa colaboración voluntaria PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Luns, 12 Setembro 2011 11:13

Benquerida amiga, benquerido amigo:

Coa apertura do novo curso académico 2011-2012 retomamos a actividade e o facemos, en relación co voluntariado, solicitando a vosa colaboración solidaria en tempo para todas aquelas persoas que dispoñades del ou que coñezades a outras que puideran botarnos unha man.

A Xunta Directiva do Seminario acordou dirixirse ás persoas do Grupo de Voluntariado porque, na actualidade, necesitamos axuda solidaria con algún tempo, a escoller polo interesado/a, para colaborar no local de Santiago de Compostela, preferentemente polas mañás, en tarefas de secretaría e administración, tamén no departamento de cooperación ó desenvolvemento, no seguimento de proxectos, axudas e subvencións, elaboración, xustificación, etc. así como na biblioteca e na videoteca (catalogación, actualización, servizo de préstamo...).

Se tes tempo e queres colaborar co Seminario, por favor, ponte en contacto con nós, contestando a este correo ou telefonicamente no 981-561956, o que agradecemos de antemán.

Recibe un abrazo afectuoso.

Cordialmente,

Manuel Dios Diz
Presidente
Seminario Galego de Educación para a Paz
FUNDACION CULTURA DE PAZ