Curso: Introdución á Historia e Estética Cinematográfica PDF Imprimir Correo-e

Curso cineCon 30 horas lectivas, a desenvolver en 10 sesións, celebrarase entre novembro de 2012 e febreiro de 2013, en sesións de tarde, no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), tendo como relator a Antonio Brea.

PROGRAMA DO CURSO

pdf
Baixa o programa en pdf
inscricion
PODES MATRICULARTE PREMENDO AQUÍ


LUGAR PREVISTO (PROVISIONAL):
MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA (MUPEGA). SANTIAGO DE COMPOSTELA

DATAS: 17 e 24 de novembro 2012 | 1, 8, 15 e 22 de decembro 2012 | 12, 19 e 26 de xaneiro 2013 | 2 de febreiro 2013
HORARIO: 16:15 a 19:30  (descanso de 17:45 a 18:00)
RELATOR: Antonio Brea
PREZO
: 60 euros
DATA LÍMITE INSCRICIÓN
: 23 DE NOVEMBRO (XORNADA INAUGURAL DE PORTAS ABERTAS)


17 de novembro: Módulo 1. Introdución: A natureza do cine. Os inicios.
24 de novembro: Módulo 2. O cine dos anos 20. O cine clásico e as súas alternativas.
1 de decembro: Módulo 3. O plano.
8 de decembro: Módulo 4. O movemento.
15 de decembro: Módulo 5. A montaxe cinematográfica.
22 de decembro: Módulo 6. O son. Os anos 30.
12 de xaneiro: Módulo 7. A música. Os anos 40.
19 de xaneiro: Módulo 8. A luz. A crise do clasicismo.
26 de xaneiro: Módulo 9. A cor. A explosión das novas olas.
2 de febreiro: Módulo 10. O cine na era do audiovisual.


FUNDAMENTACIÓN

O cine, e por extensión as artes audiovisuais, veñen ocupando un lugar preponderante na vida das persoas prácticamente desde a súa invención.

A súa influencia nas nosas vidas é innegable, polo que resulta inexplicable que aínda non teña conquerido a atención que merece nos plans de estudos.

No mundo actual, no que o bombardeo de estímulos audiovisuais semella omnipresente, sobre todo dende a chegada de Internet, resulta fundamental familiarizarse coa narrativa cinematográfica. Esto favorecerá tamén a creación de novas ferramentas didácticas e xeitos de ensino innovadores e atractivos.

Ademáis, pola súa propia natureza complexa, cómpre relacionar o fenómeno cinematográfico con outras disciplinas das que participa ou se relaciona estreitamente, como as artes plásticas, a música ou a literatura, entendendo o cinema como o reflexo da propia sociedade.

OBXECTIVOS

Ofrecer unha panorámica axeitada da historia do cine a través das obras e os autores máis salientables, para comprender mellor as características de cada unha das súas etapas.

Aprender a analizar películas estudando os diferentes elementos que conforman a chamada “linguaxe cinematográfica”, así como a interrelación entre eles, atendendo á súa evolución histórica.

Axudar a facer máis conscientes os mecanismos e os discursos que configuran as obras audiovisuais  e reflexionar sobre a súa natureza.

Relacionar estreitamente as diferentes etapas da historia do cine coa historia política, económica, social, artística e científica desde finais do século XIX á actualidade.

Recoñecer a importancia do cine como obxecto de coñecemento, como medio de comunicación, como entretenemento e como elemento imprescindible de apoio na aprendizaxe.

CONTIDOS

O programa do curso está estructurado en dez módulos de tres horas cada un.

1. INTRODUCIÓN: A NATUREZA DO CINE. OS INICIOS
¿Por qué nos atrae o cine? Á percura da súa esencia. A pulsión escópica: mirar e ser mirado. As paradoxas do cine: construcción da continuidade a partir da fragmentación. O efecto Kuletchov e o poder da montaxe cinematográfica.
Arqueoloxía do cine: A búsqueda do movemento na representación ao longo da historia. Contexto histórico-social: revolución industrial, urbanización e necesidade de control social. Conceptos básicos para unha correcta historización: “o momento xusto para a invención da roda”.
A natureza da percepción humana: de Plateau á Gestalt. A época dos xoguetes ópticos.
Sesión Lumière. A polémica arredor da paternidade do cine. Lumière vs. Mélies ou as dúas grandes vías.
Do cine como fenómeno de feira á progresiva consolidación dunha “linguaxe” cinematográfica. A herdanza da novela decimonónica.

2. O CINE DOS ANOS 20
Nace unha nova arte: a xigantesca figura de David Wark Griffith. Un descobremento en cada film. Das dificultades da Gran Guerra á idade de ouro do cine.
O xurdimento da industria en Hollywood, o Star System e a estandarización en xéneros.
As alternativas ó modelo hollywoodiense:
• USA: Erich Von Stroheim e King Vidor. Os grandes do cine cómico.
• Cine en Europa Escandinavia, Alemania, Francia,...) en en Asia (Xapón e China).
• As vangardas cinematográficas.

3. O PLANO
Plano, escea, secuencia. Conceptos de plano e campo. Contraplano e contracampo.
Tipos de planos segundo a escala e a angulación. Á medida da figura humana.
Conceptos básicos de encadre e composición. Influencias da pintura. Variacións na composición dependendo do formato.
Posibilidades narrativas e expresivas dadas polo encadre e a composición.

4. O MOVEMENTO
O plano en movemento: travelling, panorámica, zoom, cámara en man...
Motion-Emotion. A construcción das emocións: a lei das alternancias.
Encadre e movemento como cuestións morais.
Introdución á Montaxe: Relacións entre planos segundo a escala, a angulación e o movemento.

5. A MONTAXE
A natureza da montaxe. O momento do parpadexo. O tempo cinematográfico. Tipoloxías. Transicións entre planos.
Algúns exemplos de montaxe sintética: o plano-secuencia.
A montaxe analítica e as súas alternativas: O Cinematógrafo segundo Robert Bresson.
A elipse e a metáfora. A aprensión retardada.
A montaxe dialéctica no cine soviético e as súas influencias. A obra de Eisenstein e outras figuras do cine soviético.
Exemplos de integración da montaxe dialéctica no cine clásico e contemporáneo.

6. O SON CINEMATOGRÁFICO. O CINE DOS ANOS 30 E 40 EN EUROPA
Introdución: O son no cine mudo. Xénese do cine sonoro. A invención do silencio.
Halleluyah e o nacemento do cine sonoro. A época da construcción do son cinematográfico (1928-1934). As reaccións dos artistas ante a irrupción do cine sonoro.
Os creadores do cine sonoro en Europa: Hitchcock, Sternberg e Lang.
O Cine dos anos 30 en Europa. O ascenso dos fascismos.

7. A MÚSICA CINEMATOGRÁFICA. O CINE DOS ANOS 30 E 40 NOS ESTADOS UNIDOS
A consolidación dos grandes xéneros nos Estados Unidos. Os grandes autores.
A música cinematográfica. Uso e abuso da música no cine. Breve historia da música cinematográfica.
A cuestión da diexése. O leit-motiv.
Valores declarativos, rítmicos e contrapuntísticos dos diálogos cinematográficos.

8. A LUZ. OS ANOS 50: CRISE DO CLASICISMO
O impacto da II G. M. no modelo clásico
A revolución do Neorrealismo en Italia. Europa despois do Neorrealismo.
Crise da obxetividade e xurdimento do manierismo cinematográfico: o caso de Alfred Hitchcock. Psicose e o nacemento do cine post-clásico.
Os precedentes: a irrupción da televisión nos anos 50 e as súas influencias no cine. A loita contra a televisión: do cinemascope ao 3D.
A importancia da luz. Eloxio da Sombra. Algunhas cuestión de óptica. Ton e atmósfera.
Tipos de iluminación. Luz dramática e luz narrativa.

9. A COR. A EXPLOSIÓN DAS NOVAS OLAS
Contexto histórico dos anos 50 e 60: guerra fría, descolonización, revoltas,…
Os Novos Cines: Francia e a Nouvelle Vague. Outros cines europeos. O caso español.
Xurdimento dos Novos Cines arredor do mundo: Países do Leste. Asia, África, Latinoamérica…
Os anos 70 en USA: da Xeración da televisión ó New American Cinema. A factoría Corman.
Características do cine post-clásico e diferencias no ámbito da representación co cine clásico.
A cor. Natureza da cor e implicacións culturais e simbólicas. As posibilidades da significancia cromática.

10. O CINE NA ERA DO AUDIOVISUAL
O Cine dos últimos 30 anos. Grandes autores contemporáneos.
O cine de masas posmoderno: ¿un retorno á feira? A fragmentación do fenómeno audiovisual: Spot publicitario, video-clip, video-arte,…
A crecente importancia dos títulos de crédito.
A idade de ouro das teleseries.

TOTAL HORAS LECTIVAS: 30 horas

pdf
Baixa o programa en pdf
inscricion
PODES MATRICULARTE PREMENDO AQUÍ

 
 

tenda do seminario

asociate

Galeria fotos

Fundación Cultura de Paz

http://sgep.org/comprar-cialis.html http://sgep.org/viagra-generico.html