Premio Portapaz 2017

Premio Portapaz 2017 para o Foro Galego de Inmigración.

                                       

Premio Portapaz 2017 otorgado polo SGEP ao FGI
Premio Portapaz 2017 outorgado polo SGEP ao FGI (Fonte: Diario ABC 28/01/2017)

                    

Como en anos anteriores o SGEP fixo entrega do Premio Portapaz. O acto tivo lugar o venres 27 de Xaneiro as 19:30 horas no Auditorio da Obra Social ABanca na Praza de Cervantes en Compostela recoñecendo  hogano a grande tarefa desenvolvida polo  Foro Galego de Inmigración. O Premio foi recibido por Miguel Fernández, portavoz do FGI, de máns da nosa presidenta Inma Rúa en presenza da Valedora do Pobo, Milagros Otero.

Dende o Seminario contamos con vós para reinvindicar o traballo dunha Organización que promove unha sociedade máis pacífica, democrática e inclusiva, donde todos sexamos cidadáns iguais en dereitos e oportunidades, sen fronteiras -nin físicas nin mentais-, en definitiva un mundo mellor.

Grazas polo apoio aos numerosos asistentes e aos medios de comunicación que viñeron a cubrir a noticia.

 

Entre eles a nosa TVG:

http://www.crtvg.es/informativos/o-foro-galego-de-inmigracion-distinguido-co-premio-portapaz-2668776

La Voz de Galicia:

 http://www.lavozdegalicia.es/m/noticia/santiago/2017/01/28/premio-portapaz/0003_201701S28C11992.htm

 ABC

A noticia no diario ABC Galicia: PORTAPAZenABC