Carmen Durán, Secretaria de Relacións Sociais do SGEP estará en Xeréz da Fronteira (Cádiz) representando ao Seminario nas Xornadas “Memoria (s) para a convivencia e a construcción de futuro” organizadas pola AIPAZ e apoiadas pola Xunta de Andalucía que terán lugar os vindeiros 24 e 25 de Novembro.
O SGEP é membro da Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ) que foi constituída en 1997 co obxectivo de analizar a Paz e os conflitos dende unha perspectiva multidisciplinar que abrangue a eliminación das distintas formas de violencia, a promoción da Xustiza, o respecto dos Dereitos Humanos, o desenvolvemento e a resolución pacífica dos conflitos. Esta Asociación declárase comprometida con aqueles valores e prácticas sociais tendentes á construcción dunha cultura e sociedade de paz. AIPAZ está formada por asociacións, centros, institutos e persoas relacionadas coa investigación e a educación para a paz de toda España.
Máis información sobre AIPAZ en www.aipaz.org
Podedes descargar aquí o interesante PROGRAMA DAS XORNADAS