A mostra de arte colectiva «ArtePaz, A Voz dos Artistas II» composta por
pezas realizadas por creadores plásticos galegos e nacionais. A exposición, que poderá
visitarse ata o día 15 de outubro, nace da colaboración de Afundación, a ONG
Seminario Galego de Educación para a Paz e a Facultade de Belas Artes da
Universiadade de Vigo.
A mostra inaugurarase o vindeiro xoves 8 de Setembro no Café Moderno Afundación de
Pontevedra. O horario de apertura ao público previsto é de luns a venres de
17.30 h a 20.30 h e os sábados de 11.00 h a 14.00 h e de 17.30 h a 20.30 h na sala de
exposicións do Café Moderno Afundación (praza de San Xosé, 3).
O proxecto, busca a coherencia do conxunto das obras
e a participación dos artistas para abrir diálogo acerca de temas como a Xustiza, a
Infancia e a Non Violencia. Parte da recadación da venda das obras destinarase ao
financiamento de iniciativas educativas da ONG.
A MOSTRA
Na exposición colectiva participan un total de 25 artistas: Xulio Álvarez Bautista, Suso
Basterrechea, Loreto Blanco, Olalla Cortizas, Juan Fernando de Laiglesia, Miguel
Docampo, Estefanía Domínguez Cagiao, Helena Fernández-Nóvoa, David Fidalgo Omil,
Xosé Freixanes, Sara Fuentes, Carmen Hermo, Lizartonne, Guiyo Mateos, Míriam
Méndez, Mar Ramón, Miguel Rodríguez Acosta, Alexandre A. R. Costa, Manuela
Elizabeth Rodríguez, Sebas Anxo, Lola Saavedra, Eva Seoane, Cachi Soler, Manuel Uhía
e Clara Vindel. Ademais, está prevista a celebración de 5 obradoiros para todos os
públicos coordinados pola investigadora Olalla Cortizas. Terán lugar os días 16, 13 e 29
de setembro e o 7 de outubro a partir das 17.30 h. Como broche final, a iniciativa
conta coas visitas guiadas por parte da comisaria que se celebrarán os sábados 17 de
setembro e o 8 de outubro ás 12. 00 h.