Premio Portapaz 2017 para o Foro Galego de Inmigración.

Como en anos anteriores o SGEP fixo entrega do Premio Portapaz. O acto tivo lugar o venres 27 de Xaneiro as 19:30 horas no Auditorio da Obra Social ABanca na Praza de Cervantes en Compostela recoñecendo hogano a grande tarefa desenvolvida polo Foro Galego de Inmigración. O Premio foi recibido por Miguel Fernández, portavoz do FGI, de máns da nosa presidenta Inma Rúa en presenza da Valedora do Pobo, Milagros Otero.
Dende o Seminario contamos con vós para reinvindicar o traballo dunha Organización que promove unha sociedade máis pacífica, democrática e inclusiva, donde todos sexamos cidadáns iguais en dereitos e oportunidades, sen fronteiras -nin físicas nin mentais-, en definitiva un mundo mellor.
Grazas polo apoio aos numerosos asistentes e aos medios de comunicación que viñeron a cubrir a noticia.
Entre eles a nosa TVG:
http://www.crtvg.es/informativos/o-foro-galego-de-inmigracion-distinguido-co-premio-portapaz-2668776
La Voz de Galicia:
http://www.lavozdegalicia.es/m/noticia/santiago/2017/01/28/premio-portapaz/0003_201701S28C11992.htm
ABC
A noticia no diario ABC Galicia: PORTAPAZenABC